Este ano o Clube de Aeromodelismo Lavanco organiza a primeira «Noroeste Party Drone» coa ilusión de que se converta nunha cita anual onde pasar un día especial rodeado de xente que comparte a nosa aficción por o FPV e os drons de carreiras, ademáis queremos dar a oportunidade de achegar esta modalidade de voo a xente que non a coñece.
A finalidade desta party e intentar xuntar nun evento a todos e todas as pilotos galegos con varias finalidades:
- Coñecernos e intercambiar coñecementos, dubidas e sabiduría, enlaces, grupos de whatsapp, canales de youtube e configuracións, frames, etc coa idea de formar un grupo cada vez máis grande de xente preto uns de outros para quedar cando se poida e atopar sitios guapos para volar.
- Dialogar para afrontar o futuro deportivo dos drones de carreiras en Galicia e buscar un camiño en común para que sea cada vez mellor e en máis sitios.
- Pasalo ben e volar todo o que se poida.
HORARIO
10:00 a 12:00 Voo libre
12:00 a 14:00 Campeonato F3U
14:00 a 16:00 Voo libre
16:00 a 17:00 Campeonato F3U, octavos, semifinais, finais e entrega de trofeos
17:00 a 19:00 Exhibición freestyle
19:00 a 21:00 Voo libre
É un horario provisional e pode sufrir modificacións. Se a climatoloxía non acompaña o evento pode suspenderse e realizarse o seguinte fin de semana.
Inscripcións
A inscripción ao evento e de balde pero para competir e participar na exhibición tes que estar inscrito.
CARREIRA F3U
Pode participar calqueira persoa, non é obligatorio estar federado, os federados na autonómica puntúan.
EXHIBICIÓN FREESTYLE
Pode participar calqueira persoa previa inscrición, as plazas son limitadas.
VOO LIBRE
Nos tempos de voo libre calqueira persoa pode participar. O voo libre consiste en voos no circuito de carreiras en grupos de 4 pilotos, a inscrición a eles faise no propio clube o día do evento.
Cubre el siguiente formulario para inscribirte
Deja tu comentario